planta en manantial de Valdunciel

PET

O tereftalato de polietileno (máis coñecido polas suas siglas en inglés PET, polyethylene terephthalate) é un tipo de plástico moi empregado para envases de bebidas e produtos de alimentación. A nosa compañía é unha empresa líder no sector de bebidas refrescantes. Contamos cunha experiencia de máis de setenta años, mantendo sempre a nosa filosofía na calidade do produto, para o cal soubemos adaptarnos ás esixencias do mercado.

O PET é recoñecido mundialmente como un material seguro, non tóxico, forte e flexible. As botellas de PET son ideais para bebidas gaseosas porque aseguran que as fugas de dióxido de carbono sexan mínimas e manteñen a bebida con gas e protexida da humidade exterior.

É un material 100% reciclable (colector amarelo) e nos empregamos PET 100% reciclado na maioría dos nosos produtos.

Vidro

O vidro é ecolóxico e pode reciclarse indefinidamente (colector verde). Non require ningún aditivo o recubrimento plástico para protexer as bebidas, conservando todo o sabor e as vitaminas.

Empregamos botellas de vidro reciclado.

envases de carton

Cartón

Ofrecemos envase en caixas de cartón en varios tamaños, tanto familiar como individual.

Dispoñen dunha capa de aluminio que protexe a bebida do osíxeno e a luz, de tal xeito que se poden conservar as súas propiedades sen necesidade de refrixeración.

Fixéronse moi populares en bebidas sen gas como zumes.

Latas

Podemos envasar empregando latas de aluminio de diferentes tamaños e deseños.
É unha embalaxe que tolera moi ben o apilamento e protexe eficazmente contra humidade, luz, osíxeno e calquera interferencia externa. As bebidas enlatadas conservan as súas vitaminas e os seus valores nutricionais sen necesidade de conservantes.

As latas son 100% reciclables e se recollen nos colectores amarelos.