+ de 100 anos
Refrescos del Atlántico é unha empresa con máis de 100 anos no mercado das bebidas refrescantes. Nos nosos comenzos desenvolvemos un mercado local do que interiorizamos o valor do trato coas persoas, as novas oportunidades de negocio nos levaron a consolidar e implantar un mercado nacional, a traves de marcas propias e de distribución, con máis de 200 referencias.
Refrescos del Atlántico foise consolidando como un dos principais exportadores nacionais de Bebidas Refrescantes, cubrindo países europeos como Portugal, Bélxica e Finlandia e un grande número de países da costa atlántica de África.
Exportación
Eficacia. Flexibilidade. Calidade.
A altísima eficacia e flexibilidade dos nosos equipos humanos e técnicos unido a unha total implicación cos nosos proveedores e clientes, permitiunos potenciar o noso saber facer nunha aposta firme e decidida pola calidade.
A apertura de novos mercados sobre a base dunha relación individualizada cos clientes y cunhas propostas comerciais máis e mellor adaptadas aos consumidores, posicionaron a nosa empresa como un referente no sector das bebidas en mercados nacionais e para a exportación
Expansión
2 modernas prantas embotelladoras
Moderna pranta de embotellado con manantiais propios na que fabricamos refrescos de cola e sabores, gaseosa, soda, tónica, sifón, bebidas a base de zume de froitas…
Situada ao pé dun manantial de auga declarada mineral natural dende 1997 é a principal pranta de embotellado da nosa auga de mineralización débil.
Calidade certificada
Como empresa de alimentación dispomos de Certificación ISO 9000 (2000), estando en proceso de obtención da ISO 14000.
Refrescos del Atlántico como provedor das principais empresas de distribución do mercado nacional, ven sendo sometida ás máis estritas auditorias relativas á seguridade e hixiene alimentaria, cumprindo coas expectativas e estándares de calidade esixidos.
O control do proceso asegura a xestión axeitada dos riscos alimentarios, xerando confianza mutua cos noso provedores e clientes.
Sendo conscientes da adecuación dos nosos estándares de operación e na confianza de adoptar modelos que xeren confianza, á vez que aporten valor engadido, vimos traballando nos requisitos da IFS versión 4.