Menú

Fabricamos e envasamos refrescos. Todos os que poidas imaxinar.

Quen somos.

En Refrescos del Atlántico levamos dende 1930 facendo o que mellor sabemos: crear bebidas de calidade co compromiso dunha empresa familiar que mira ao futuro.

A nosa historia

Todo comezou en 1930, cando Perfecto González, visionario e emprendedor, fundou en Marín (Pontevedra) unha das primeiras fábricas de gaseosas de Galicia. Dende entón, xeración tras xeración, a súa familia continuou co legado. Hoxe, coa cuarta xeración ao fronte, seguimos medrando coa mesma curiosidade, compromiso e ilusión que impulsaron os seus inicios.

 

Cada persoa que forma parte deste proxecto achega o seu talento para facer de Refrescos del Atlántico unha gran familia e un grupo sólido, preparado para o futuro.

A innovación é un dos piares da nosa evolución. Transformamos as nosas plantas para facelas máis áxiles, eficientes e sostibles. Hoxe en día, máis do 80 % dos nosos procesos están automatizados e dixitalizados, o que nos permite mellorar a produtividade, optimizar os recursos e reducir nun 30 % o consumo enerxético por litro producido. Ademais, avanzamos en sustentabilidade mediante o uso de envases reciclados e o compromiso cunha produción máis responsable co contorno.

 

Actualmente contamos con tres centros de produción en Marín (Pontevedra), Valdunciel (Salamanca) e Folgoso de la Ribera (León), dende onde envasamos máis de 600 referencias e superamos os 500 millóns de litros ao ano. Con máis de 150 traballadores, seguimos fieis ás nosas raíces, mirando ao futuro con determinación.

 

Foto familiar Refrescos del Atlantico, foto antigua

Foto aérea Refrescos do AtlantIco en Marín, Galicia

Que facemos?

Só sabemos de bebidas, pero o sabemos todo.

 

Somos especialistas no desenvolvemento e fabricación de refrescos e outras bebidas. Producimos marcas propias e tamén fabricamos para terceiros, creando solucións a medida que se adaptan ás necesidades de cada cliente e proxecto.

 

O noso modelo de negocio é flexible e centrado no cliente, o que nos converteu nun referente tanto no mercado nacional coma internacional. Ademais, contamos coa nosa propia axencia de transporte, o que nos permite ofrecer un servizo integral: desde a conceptualización do produto ata a súa entrega final. Hoxe, máis do 80 % dos nosos procesos están automatizados, o que garante eficiencia, calidade e fiabilidade en cada etapa.

Botellas antiguas gaseosa la Revoltosa

Valores do Atlántico.

Innovación e sustentabilidade.

A curiosidade ven de familia: somos inquedos e sempre buscamos novas formas de mellorar. Apostamos pola tecnoloxía: o 100 % do proceso produtivo está robotizado e automatizado, optimizando tempo e recursos. Estamos comprometidos coa contorna, de verdade: somos dos envasadores que menos plástico utilizan, apostamos polo capital humano e fomentamos a economía local.

 

Coñecemento e adaptación.

A nosa experiencia ensinounos a coñecer ben o contorno e adaptarnos a calquera circunstancia. Ofrecemos solucións personalizadas e áxiles, axustadas ás necesidades do cliente e do mercado. En definitiva, estamos preparados para ofrecer o que se precisa, cando se precisa.

 

Proximidade.

Estamos onde e cando se necesita. Medramos cos nosos clientes e acompañámolos no día a día
e en momentos extraordinarios. Cremos nas relacións duradeiras baseadas na confianza e
esforzámonos por estar sempre presentes.

 

Entusiasmo e dedicación.

Con máis dun século de historia, perfeccionamos o noso método xeración tras xeración. Combinamos experiencia e ilusión, e mantemos viva unha tradición que representa o noso legado. Esa mestura é a que nos impulsa a avanzar cada día coa mesma dedicación de sempre.

Oficinas Refrescos del Atlántico

As nosas marcas

Máis de 600 referencias

e outras tantas na cabeza

Revoltosa

Revoltosa representa a nosa tradición en forma de refrescos. Baixo esta marca emblemática
ofrecemos a Gaseosa Revoltosa, un clásico intemporal. Ofrecemos sabor cola, laranxa e limón,
así como o produto estrela Sifón Revoltosa.

Siglitos

O clásico flash que nunca falla. Cunha variedade irresistible de sabores, é a opción
favorita dos máis pequenos… e de quen segue gozando coma un neno.

Augas San Xoaquín

Tan lixeira como pura, tan suave como natural. San Xoaquín é a nosa
auga mineral de confianza: ideal para quen busca unha hidratación de calidade, cun sabor
limpo e fresco que acompaña sen saturar. Porque non todas as augas saben igual.

Vidaqua

Auga mineral natural pensada especialmente para o canal HORECA. Dispoñible en
formatos PET de 1,5 L, 1 L, 0,5 L e 0,33 L, que ofrecen versatilidade operativa e unha solución
eficiente.

Super Guss

Unha gama de refrescos con e sen gas dispoñible en PET 100 % reciclado, unha
explosión de sabores que vai desde limón ou cola ata maracuyá ou tropical.

Fruvital

Refrescos con zume de froita natural, enriquecidos con vitamina C para sumar
benestar ao teu día. A súa liña de iced tea —con sabores como pexego, limón e mango—
converteuse na aliada perfecta para quen busca unha bebida suave, refrescante e cun toque
saudable.

Frukendy

Sabe a froita, pero sobre todo… sabe a pracer. Frukendy é a gama de refrescos
que transforma o zume nunha experiencia máis intensa, máis saborosa e máis refrescante.
Froita natural, sabor de verdade e o punto xusto de burbulla que precisas.

Sukito

É o refresco que achega un toque tropical ao día a día. Con sabores como ananás,
guaraná, laranxa e uva, combina frescura, sabor e o punto xusto de burbulla para unha
experiencia vibrante e refrescante.

Familia refrescos y gaseosa la revoltosa
Siglitos Flash. Refrescos del Atlántico
San Joaquin Water
Aguas Vidaqua. Refrescos del Atlántico
SuperGuss Refrescos del Atlántico
Fruvital
Frukendy. Refrescos del Atlántico
Sukito

Gústanos facer as cousas ben. E non o dicimos nós; o recoñecemento vén de fóra:

Certificados

Refrescos del Atlántico - FSSC 22000

Un sistema de certificación completo para sistemas de xestión da seguridade alimentaria,
baseado nas normas ISO 22000:2018, ISO/TS 22002-1: 2009 e en especificacións técnicas para Programas de Prerrequisitos
do sector correspondente. Ademais, inclúe requisitos adicionais relativos a servizos, supervisión
de persoal, xestión de materiais de entrada, food defense, prevención de fraudes, xestión de
alérxenos, etiquetado, control ambiental. (fonte: AENOR.com)

Augas San Xoaquín - IFS FOOD

A norma IFS Food revisa os produtos e os procesos de produción para avaliar a capacidade dun produtor de alimentos de elaborar produtos seguros e de calidade, de acordo cos requisitos legais e as especificacións dos clientes. Axuda ás empresas a satisfacer a crecente demanda de transparencia e trazabilidade do mercado, e contribúe a mellorar a integridade dos produtos e a aumentar a eficiencia. As auditorías son realizadas por auditores cualificados IFS que traballan para entidades de certificación independentes acreditadas. As Normas IFS están suxeitas a avaliación por parte de organizacións gobernamentais ou privadas.
(Fonte: ifs-certification.com)

Augas San Xoaquín - ECOVADIS

EcoVadis é unha plataforma internacional que avalía a sustentabilidade empresarial en áreas clave como medio ambiente, dereitos humanos, ética e compras responsables.
A súa metodoloxía baséase en estándares internacionais como o Pacto Mundial das Nacións Unidas, a Organización Internacional do Traballo (OIT), a Iniciativa Global de Reporte (GRI) e a norma ISO 26000.

Obter unha medalla EcoVadis (bronce, prata, ouro ou platino) recoñece o noso compromiso con prácticas responsables e sostibles en toda a cadea de valor.

Ti tes a idea, nós facemos o refresco

Produtores e Fabricantes

Refrescos,

da R á S.

Somos expertos en cada paso do proceso: produción, fabricación, envasado e transporte. Por iso, coidamos cada detalle de principio a fin.

Paso 1

Desenvolvemento e personalización do produto

Estamos aquí para escoitar o que necesitas. Temos marcas e fórmulas propias, e tamén creamos receitas personalizadas. Adaptámonos a calquera volume, grande ou pequeno, garantindo rapidez no desenvolvemento e na entrega.

Paso 2

Produción e envasado

Temos liñas multiformato especializadas en auga mineral e refrescos, o que nos permite adaptarnos a calquera formato, material e volume. A nosa capacidade de personalizar botellas dálle total autonomía á produción.

Paso 3

Packaging

Somos capaces de producir practicamente calquera tipo de pack; se sé pode imaxinar, pódese facer.

Paso 4

Almacenamento posprodución.

Mantemos o produto en perfectas condicións ata a súa distribución. Os nosos produtos son a nosa prioridade.

Paso 5

Loxística

Temos axencia de transportes propia para facer chegar o produto ao destino. Tamén ofrecemos baixo Incoterm Exworks. Simplemente, facilitamos todo.

En resumo

O noso valor

En resumo, ofrecemos un valor propio e específico: experiencia, proximidade, coidado, calidade a bo prezo… Nunha palabra: Atlántico.

En botella...

As nosas fábricas

Refrescos del Atlántico

Pontevedra

Formato

Capacidade

Refrescos multiformato (con e sen gas)

0,5L, 1L, 1,5L, 2L

Sifón

1,5L

Larpeiradas xeadas

Todas as que poidas imaxinar.

Foto aérea Refrescos do AtlantIco en Marín, Galicia

1000000 LITROS / DÍA

Augas San Xoaquín

Salamanca

Formato

Capacidade

Auga multiformato (con e sen gas)

0,33L, 0,5L, 1L, 1,5L, 2L

Garrafóns

5L, 6,5L, 8L

Máquina de envasado automático de botellas na fábrica de Refrescos do Atlántico

2000000 LITROS / DÍA

Auga Nature Montes de León

León

Formato

Capacidade

Auga multiformato (sen gas)

0,33L, 0,5L, 1L, 1,5L, 2L

Garrafóns

5L, 6,5L, 8L

Brazo robótico nunha planta de produción de refrescos

500000 LITROS / DÍA

...ou no que queiras.

Botellas PET

PET 100% seguro, 100% reciclable, 100% perfecto.

 

O PET é un material seguro, non tóxico, flexible e resistente. É perfecto para refrescos porque
evita fugas de CO2 e protexe contra a humidade.

Icono botella. Refrescos del Atlántico

Vidrio

Longa vida ao vidro.

 

Usamos vidro reciclado, reutilizable indefinidamente. Non precisa aditivos nin recubrimentos
para protexer a bebida, mantendo o sabor e as propiedades.

Icono vidrio. Refrescos del Atlántico

Cartón

Versátil e enriquecido.

 

Producimos cartón en varios tamaños e cubrímolo con aluminio para protexer do osíxeno e da
luz, preservando as propiedades sen refrixeración.

Icono cartón. Refrescos del Atlántico

Latas

Prácticas e seguras.

100% reciclables, as latas resisten ben axentes externos, preservando vitaminas e nutrientes sen
conservantes.

Icono lata. Refrescos del Atlántico

Cóntanos a túa idea

    Traballa connosco